CONCURSO MELLOR AFICHE

Chega a segunda edición do concurso no cal escollemos o mellor afiche da tempada. Será este venres día 15 de Xuño e durará exactamente un mes. Durante estes meses estivemos recibindo máis de 100 afiches que serán os que entren a concurso.
Como informamos dende o principio, os afiches que non foran enviados á 'Galicia en festas' por calquera das nosas canles non entran en concurso. Ditos afiches podían ser enviados dende as propias formacións, así como por parte de fans, amigos e incluso detractores.

Temos que lamentar a falta dun afiche dunha gran formación, Charleston Big Band, o cal finalmente non estará preparado a tempo para participar. Seguro será un afiche cun gran traballo e estaremos encantados de amosalo en canto esté finalizado.

Por outra banda contamos con afiches de dúos ou tríos, xa que creemos que merecen as mesmas oportunidades. Tamén cabe destacar a falta dun dos afiches das denominadas 'grandes', o cal polo momento non chegou a 'Galicia en festas'. O prazo cérrase este venres ás 15h.
 

PROCESO

 

DO 15 DE XUÑO Ó 30 DE XUÑO:  Durante este periódo os seguidores de 'Galicia en festas' votarán polo que consideren o 'mellor afiche'. A votación levaráse adiante nun álbum especial na nosa páxina de Facebook, e será tan sinxelo como clicar 'Gústame' no afiche que máis guste. Finalmente o 30 de Xuño e tras recontar os votos, pasarán á seguinte ronda os 20 máis votados. ATENCIÓN! O xurado terá a capacidade de rescatar ata 5 afiches que queden fora, polo que os finalistas poderían ascender a 25.

 

DO 1 DE XULLO Ó 15 DE XULLO: Xa con 20 afiches finalistas (25 dependendo do xurado), a votación abrirase de novo co mesmos sistema de votación. É decir, clicando gústame na imaxe. A diferencia desta volta será a participación dun XURADO PROFESIONAL, polo que a decisión final será ó 50% entre ambas partes. Explicamos...

O afiche máis votado polos seguidores (Imaxinemos que ten 305 votos), tras o reconto eses 305 puntos convertiranse en 12. O segundo máis votado (Imaxinemos que ten 263), pasará a ter 10 votos. O terceiro 8, e así ata 1. (Como Eurovisión, vaia). 

O xurado tamén votará. Otorgando os puntos  (12,10,8,7,6,5,4,3,2,1) a un total de 10 carteis. Finalmente sumaránse todos os datos e teremos o ganador. Para entendelo doutro xeito: Os seguidores contarán coma un membro máis do xurado.

Esta decisión ven tomada polo acontecido en últimas edicións de este e outros concursos, nos cales por máis que pedimos obxetividade, consideramos que non chega a darse.

XURADO

O xurado estará composto por 8 persoas, entre as que haberá 3 adminsitradores de páxinas festeiras, 1 diseñador gráfico, 1 estudiante de moda, 1 locutor de radio (Programa adicado á verbena), 1 integrante dunha comisión de festas do sur de Pontevedra e 1 ama de casa.

 

¡¡VOTA AQUÍ!!
 

Con esta imaxe podes pedir o voto para o teu AFICHE preferido.

VILABOA FAI FRONTE A CRISE

En Vilaboa (Culleredo) están dispostos a facer fronte á crise que estamos vivindo e que empeza a repercutir en moitas das festas galegas. Para iso a comisión de festas leva moitos meses coas mans á obra, facendo kilómetros e buscando o xeito máis acertado de financiar as festas. A día de hoxe a comisión de festas encamiña a última etapa de recaudación e é cando a veciñanza toma parte no desarrollo das festas, aportando as súas donacións para dita festa. Malia que as condicións non son favorables para ninguén, dende a organización contan coa colaboración da veciñanza, que de seguro quere ver como as súas grandes festas se manteñen. 


As festas de Vilaboa comezarán o dia 6 de Xullo e rematarán o 10 do mesmo mes. Ademáis a organización está traballando na realización de unha serie de actos culturáis na semana previa ás festas, con festivais folclóricos, cine, teatro, etc..  No referente ó programa das festas a comisión segue traballando nunha serie de actividades na liña do ano pasado (festival habaneras, corais, torneos, etc...). En canto ó programa de orquestas a comisión xa pode avanzar algunhas das formacións que pasarán pola vila. 
 
As festas na honra 'O Santísimo' comezarán o Venres 6 de Xullo, día que aínda non está pechada a programación, pero estamos seguros que a festa estará amenizada por unha gran formación e moi bailable.
 
O Sábado 7 de Xullo a festa continuará da man da Orquesta Panamá. Xa no Domingo 8 de Xullo estará na vila Cullerense a Orquesta Cinema
 
A semana e fin de festa comezará o Luns 9 de Xullo con unha das 'grandes', a Orquesta Olympus dende Negreira. E para rematar, no Martes 10 de Xullo, unha das formacións máis mediáticas do momento, a Orquesta Panorama. En breve teremos o programa completo.

Queremos agradecer á comisión de festas de Vilaboa a amabilidade coa que nos tratan e o feito de que conten coa nosa plataforma para difundir o seu gran traballo.
 

XXII FESTA DA TORTILLA XIGANTE

Na localidad padronesa de Carcacía un ano máis preparánse para a súa tradicional tortilla xigante. Será este Xoves 17 de Maio, coincidindo coa festividade das Letras Galegas.
Ás 09:00h comezará a preparación da tortilla, dado o tempo que leva a súa elaboración considerando o tamaño da mesma. Será xa a partir das 11:00h cando comezará o ambiente festivo da man do grupo de gaitas "Os mersenarios", que serán relevados ás 12:00h pola charanga "Va K Pinta".
Ás 12:00h tamén será o acto lutúrxico. Unha misa na honra a San Isidro Labrador, na igrexa parroquial. 
 
 
Xa ás 13:00h será o momento de dar a volta á tortilla, un momento moi tenso dada a dificultade da tarefa, que é levada a cabo con unha grúa. Tras este momento comezará un baile tradicional da man da asociación cultural San Pedro de Carcacía. Xa ás 14:00h procederáse ó pregón en palabras do ciclista Ezequiel Mosquera, e tras del comezará un reparto GRATUÍTO de mexillóns.

Ás 14:30h comezará o REPARTO DA TORTILLA
A tarde continuará coa charanga e os gaiteiros, así como hinchables gratuítos para todos os rapaces. Xa ás 20:00h, o grupo LA OCA amenizará o serán en Carcacía. Ademáis lembramos que no recinto tamén haberá pulperías.
A tortilla será elaborada por cociñeiros da Escola de Hostelería de Pontevedra, e entre os seus ingredientes atoparemos entre 6000 e 8000 ovos, 1500 kilos de pataca, 80 kilos de sal, e 350 litros de aceite. Os ovos foron todos doados por veciños. Podes seguir dita festa no seu Facebook oficial: ENTRAR

O choco de Redondela

O SÁBADO 12 DE MAIO COMENZA A XXVI EDICIÓN DA FESTA GASTRONÓMICA DO CHOCO DE REDONDELA.

 
O pasado venres 4 de maio presentouse na Illa de San Simón a Festa gastronómica do Choco de Redondela que terá lugar os días 12 e 13 de Maio en Redondela.
 
Esta festa gastronómica que conta cunha longa traxectoria, esta é a vixésimo sexta edición, ten neste ano 2012 singulares novidades, entre elas cabe destacar a creación da marca de calidade “ Choco de Redondela” á que están necesariamente adheridos todos os restaurantes que participan nesta festa. A marca choco de Redondela impulsada pola confraría de pescadores conta coa adhesión da maioría dos restaurantes da vila e todos os que participan na festa o que garante a orixe do produto.
 

 

Seis restaurantes ofreceran, a prezos populares, as oito variedades máis clásicas de elaboración deste característico produto da terra Redondelá, como os chocos con arroz, chocos na súa tinta, chocos a prancha, arroz do señorito con chocos, burriños de choco, guiso de arroz con setas e chocos e como non empanadas e empanadillas de choco e tan desexada empanada milla de choco.

 
O recinto da festa estará situado no Campo da Feira e contará cunha carpa que ocupará preto de 1.600m2 no que se habilitarán espazos especiais para concentrar neste recinto a maior parte dos actos e actividades previstas como a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo do coñecido presentador da TVG Xosé Ramón Gayoso ou o concurso de degustación gastronómica.
 
A apertura dos stands será o sábado ás 12:30h e o domingo 10:30h e permanecerán abertos en horario continuado durante estas dúas xornadas de exaltación do Choco de Redondela.

En canto á programación verbeneira, pola Festa do Choco pasarán no sábado as orquesta ATLANTA (Recuperándose xa do suceso que contábamos esta semana Leer máis) e QUINTA AVENIDA, e xa no domingo amenizará a festa o grupo ALCOTÁN.
 

Por unha causa benefica

A falta de escasos días para que teña lugar un dos eventos musicais máis importantes da verbena galega, a Gala contra o cancro promovida pola orquestra PANORAMA, os administradores das páxinas dedicadas ás orquestras e festas de Galicia decidimos publicar a noticia en común para apoiar a Gala benéfica anual que este ano se celebrará en Vilagarcía de Arousa, a pesar de que a organización do concerto non enviou o cartel nin ningún tipo de información a ningunha das webs dedicadas a promocionar de maneira altruísta as nosas orquestras e festas en Galicia (www.festaafesta.tk;  www.galiciaenfestas.info;  www.orquestas.tk e www.pasionorquestas.es.tl)

 

 

Grandes artistas

 

A lista de invitados, un ano máis, compréndena nomes de recoñecido éxito na música española, algúns dos cales volven a colaborar coa orquestra PANORAMA no seu concerto anual como é o caso de MELOCOS ou CARLOS BAUTE(que xa actuaron en varias ocasións) ou DAVID BISBAL e MERCHE (que veñen por segunda vez a Galicia para colaborar na causa benéfica).

 

A estes nomes súmanselle outros como a esperada MÓNICA NARANJOMANU CARRASCO NATALIA JIMÉNEZ vocalista do grupo LA QUINTA ESTACIÓN; ademais, para complementar a Gala sempre hai algún número de humor ou non estritamente musical, esta vez da man do MAGO ANTÓN e de PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES.



Toda a información

 

Para estar informad@ de todas as novidades que se poidan producir en torno á 5ª Gala contra o cancro, podes visitar o evento público no seguinte enlace de Facebook http://www.facebook.com/events/339667026082555/

Nesta páxina podes acceder a toda a información sobre como comprar as entradas, localización do evento (FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa), como aparcar, itinerario de autobuses lanzadeira gratuítos en Vilagarcía de Arousa, patrocinadores, etc…

 

Tamén no Facebook oficial da orquestra PANORAMA poñerán todas as novidades que se vaian producindo nas próximas horas, sobre todo tendo en conta as predicións do tempo que apuntan a chuvia para esa noite. Os montadores e técnicos xa están en Vilagarcía preparando o evento, faltan poucas horas…

 

 

www.festaafesta.tk 

www.galiciaenfestas.info

www.orquestas.tk

www.pasionorquestas.es.tl

De pincho en pincho por Redondela

A asociación de Empresarios de Redondela,  pon en marcha unhra Ruta de Pinchos con sabor chouqueiro, dado que o 50% dos pinchos que se poderán degustar nesta ruta gastronómica terán como protagonista o produto estrela da localidade: O choco
A I Edición da Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela levarásea adiante entre o 27 de Abril e o 5 de Maio. Na antesala da celebración da Festa do Choco catorce establecementos ofrecerán aos seus clientes unha selección de Pinchos nos que o Choco será o protagonista indiscutible.
O Choco de Redondela, distinguido con unha marca de calidade propia, ten en Redondela un gusto e sabor único grazas á riqueza e tranquilidade das augas da Enseada de San Simón, onde os mariñeiros da vila o capturan de forma tradicional.
 
 
Durante a semana gastronómica poderánse degustar pinchos como: Champiñón recheo con salpicón de choco, chourizo de choco, cesto de chocos con crocante de porro, Cogumelo de Choco ou croquetas de choco con zamburiñas, entre outros. Os clientes que gusten destes pinchos elaborados poderán puntualos e participar no sorteo de premios como unha fin de semana en un Parador Nacional de Turismo ou lotes de produtos da Adega Zuazo Gastón.
Nos establecementos participantes os clientes poderán recoller as súas tarxetas de participación para puntuar os pinchos e se completan rutas de ao menos oito establecementos, participarán no sorteo de premios. Cantas máis tarxetas válidas máis posibilidades de gañar.
 
Cada establecemento contará cunha urna na que depositar as tarxetas de participación. Os establecementos cos pinchos máis votados tamén terán premio e diplomas acreditativos como pincho gañador, establecéndose unha categoría especial de pincho choqueiro. Visita a WEB OFICIAL

En memoria de André Medeiros

A noticia era conocida na tarde de onte. André Medeiros (Ex-Panorama, Ex-Costa Oeste), deixábanos para sempre. Un problema de saúde non permiteu que "o moreniño da Panorama", como moitos alá polo ano 2006 comezaban a coñecelo, seguira poñéndolle ritmo á vida.

 

 

Dende "Galicia en festas" queremos amosar todo o noso apoio e cariño a familiares, amigos, e compañeiros. Estamos seguros que alá onde estea esta gran persoa, gustaríalle que o ritmo seguira. Lembramos a André Medeiros facendo aquelo co que nos permitiu disfrutar a moitos durante anos. Descanse en paz, artista.

 
 
Homenaxe de Juan Cantero

 

La Bámbola cumpre 15 anos

A Orquesta La Bámbola celebra esta noite na Discoteca Josfer o seu 15 Aniversario. A formación estará acompañada por Rubens e Ricky como artistas convidados, e ademáis haberá regalos e moitas sorpresas para todos os asistentes.

La Bámbola comeza a xira do seu 15 aniversario con unha renovada imaxe, que está dando moito que falar dado o bo gusto co que foron realizados os afiches e postáis oficiales da formación (Diseñados por La Cocina Films) que por suposto participarán na II edición do Concurso Mellor Afiche, levado a cabo por esta plataforma.
A formación representada por Espectáculos Lito continúa medrando, e paso a paso vaise convertendo nunha desas formacións que gusta ver nun cartel de festa. Estamos seguros que a xira do 15 aniversario dará moitas alegrías a esta humilde e traballadora formación. 
 
Dende Galicia en festas: FELICIDADES!
 

 

                        

Radio Valga, agora no 107.9 da FM

Radio Valga , a emisora que emite cada Xoves o programa adicado á verbena galega  "Palco de Estrelas" , presentado e dirixido por  Daniel Seijas , cambia a súa frecuencia de emisión para dar máis cobertura e chegar a un maior número de oíntes. Dende agora a emisora Valguesa deixa o 107.4 co cal naceu, e pasa e escoitarse no  107.9 da Frecuencia Modulada (FM)

 
Esta mesma tarde-noite o programa "Palco de Estrelas" estrearáse na nova frecuencia, e regalará varias entradas para asistir a  Verbenalia, o evento das orquestas, a aqueles que participen a acerten as preguntas do concurso. Ademáis, Daniel Seijas entrevistará a Zósimo López, o voceiro da empresa organizadora de Verbenalia. Todo isto acompañado das últimas novidades, a mellor música, todas as opinións e entretemento asegurado, da man de  "Palco de Estrelas". Non o esquezas! Agora no  107.9 da FM
 

Orquesta Jerusalén, a xira do 10º aniversario.

A Orquesta Jerusalén presenta o seu novo AFCIHE de cara a tempada 2012, a que será a xira do seu décimo aniversario. A formación presenta unha imaxe coidada e actual, ó igual que prometen que será a súa xira. O pasado Venres podíamos velos no programa da CRTVG "Luar", onde estiveron presentando Verbenalia


Jerusalén ademáis acaba de facer unha redecoración do seu escenario para adaptalo á nova tempada. Pero isto non é todo. Dende a dirección artística da orquesta informásenos de que Jerusalén sacará un CD esta tempada que levará por nome "10 con Jerusalén". 

Estamos seguros que con esta nova aposta, nova imaxe, e na xira do seu décimo aniversario; a formación de Espectáculos Lito despegará, converténdose nunha das formacións máis importantes da verbena galega.
 
 

Ademáis o novo AFICHE de Jerusalén participará, como outros moitos, no II Concurso Mellor Afiche que levaremos a cabo no vindeiro mes de Xuño. Polo momento, e ata o 25 de Maio, todas as formacións que o desexen poderán enviar o seu Afiche a galiciaenfestas@hotmail.com

 

 

O grupo Ciclón no teu smartphone, e agora con Sala de Chat

Dende hoxe xa podes entrar na páxina web do Grupo Ciclón dende o teu móbil.

O que promete ser o grupo revelación da tempada (unha vez máis), dispón dende hoxe dunha versión móbil para todos os dispositivos smartphone.

 

Dende o grupo informannos que non é necesaria ningunha dirección web específica, xa que o propio servidor detecta dende que dispositivo se accede, e redirecciona á versión correspondente.

Dende ela poderáse acceder os apartados máis básicos e visitados da web orixinal, como a información actualizada de cada actuación, o acceso directo a todas as redes sociais, os compoñentes, as datas ou o libro de visitas.

A semana pasada anunciábamos a chegada da aplicación Android para a Orquesta Versalles (descargar aquí), que xunto con Ciclón, son dúas formacións renovadas e con fame de éxito, que seguro depois de tanto esforzo será recompensado.

 

Entra en www.grupociclon.net dende o teu smartphone e descúbrea!

 

Pero iso non é todo! Ademáis acaban de estréar na súa impresionante páxina web unha Sala de Chat para todos os seguidores, mantendo a línea de cercanía que Ciclón ven amosando. Podes entrar dende a pácina www.grupociclón.net ou directamente clicando aquí

Versalles estréa aplicación oficial para Android™

A Orquesta Versalles da Coruña non deixa de presentar novidades de cara a nova tempada. Se fai unhas semanas nesta mesma páxina contábamos a importante renovación que a formación levou a cabo, así como a presencia que esta empezou a ter na internet, agora temos que falar dun novo avance: Versalles estréa aplicación en Android!


Desarrollada por "Galicia en festas", dende hoxe está dispoñible no Google Play Store a aplicación para smartphones da formación coruñesa. Agora dende a túa man poderas seguir a orquesta nas redes sociais nas cales se move (Facebook, Twitter..), coñecer os lugares de actuación, ver as últimas imaxes da formación en exclusiva, e incluso capturar unha imaxe da formación e compartila en directo dende a misma aplicción.

 

Podes descargala no seguinte enlace:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.appbuilder.u33580p202067&feature=search_result#?t=W251bGwsMSwxLDEsImNvbS5hcHBidWlsZGVyLnUzMzU4MHAyMDIwNjciXQ..

 

 

Versalles demostra así a súa aposta por esta nova xira, con renovadas caras e sobretodo renovadas ilusións. Este Sábado 7 de Abril comeza a tempada forte, e faino na Sala de festas La Luna, en Pontevedra. Agora máis que nunca, Versalles Sí!

 

Visita a páxina oficial de Versalles: https://www.facebook.com/pages/Orquesta-Versalles-2012-Ahora-S%C3%AD/205460956206117?ref=ts

 

Programación completa das Festas de Pascua 2012 en Padrón (A Coruña)

 

 

"Palco de Estrelas" presenta a Festa da Lamprea do Ulla

Este xoves 22 de marzo, aproximadamente sobre as 22.30h., coma xa é habitual, dende o 2006, presentarase e promocionarase a Festa da Lamprea do Ulla, no programa “Palco de Estrelas”, que se emite en Radio Valga 107.4 FM, a emisora lider de audiencia no Val do Ullán. Nesta ocasión, no programa dirixido e presentado por Daniel Seijas, “subiranse” ó palco radiofónico para dar conta das actividades relacionadas con esta celebración gastronómica, os concelleiros do goberno cesureño Dona Cecilia Tarela e Don Roque Araújo. Ademais coma sempre sonará a mellor música das orquestras e bandas de musica galegas, artístas iberoamericanos,concursos, axenda festeira, chamadas en directo e moito máis ata as tantas da madrugada.
 

 

A Pascua de Padrón reúne as orquestas máis afamadas de Galicia

EXCLUSIVA!
Galicia en festas presentaba o pasado venres 16 de Marzo, o programa de orquestas da Pascua Padrón 2012, antes que en ningún outro lugar.

 

 

 

Sábado 7 de Abril: CINEMA CHARLESTON BIG BAND
Domingo 8 de Abril: ATENAS e OLYMPUS
Luns 9 de Abril: MARBELLA e PARIS DE NOIA
Martes 10 de Abril: PANORAMA PALLADIUM

Venres 13 de Abril: FANIA BLANCO SHOW e ACHÉ
Sábado 14 de Abril: GRAN PARADA PHILADELPHIA
Domingo 15 de Abril: CICLÓN e SINTONÍA DE VIGO

 

 

Noraboa á organización, por ofrecer un cartel INCREÍBLE! Moi pronto toda a información detalle a detalle. O vindeiro 25 comezará a montaxe da atraccións, das cales sabemos, e por rumores, que o video que amosamos a contuniación poida ser a única novidade.

 

 

Galicia en festas opina: Panorama Magic Tour

Por Miki Iglesias 17/03/12

Esta pasada noite asistíamos á estréa da nova xira da mediática Orquesta Panorama. Un ano máis a expectación ante dita estréa fíxose notar, e fora ese o motivo, ou simplemente as ganas de festa, en Escarabote (Boiro) non collía nin un alfiler, e iso que o campo de festa non era pequeno.

 

A iso das 00:30h a orquesta Aché remataba o seu primeiro pase, a cal por certo xa ampliou o seu escenario, a pesar de manter a decoración e iluminación da tempada pasada polo momento. Tras uns minutos de silencio comezaba a soar un tintineo dende os altavoces de Panorama, os cales a moitos xa nos lembraron ó afamado "Cirque du soleil". O impresionante telón, que nesta xira recuperou a "P" emblema da formación, comezaba a levantarse, e tras el o telón vermello que xa coñecemos, diante do cal un misterioso personaxe con paraugas nos agarda de espaldas, e sen cabeza. Pasados un segundos, outro personaxe aparece no escenario, gritando "Alegría", claro guiño ó Circo do Sol. É entón cando se levantaba o telón vermello, e soa o tema "Alegría" na voz de Lydia Salar, todo nun ambiente circense e cheo de maxia. Á voz de Lydia únese a de Dunia Santana, que aparece dende o alto. E aínda no máis alto, Isaías, impresionanos no seu trapecio, levantando máis de algún suspiro.

 

 


Tras finalizar a performance de Isaías, comeza a festa co canto de "Gol" tema de actualidade de Cali & El Dandee. Dende ese momento, a festa xa non para! Unha vez máis Panorama será criticada por non ofrecer música de baile, o cal a nivel persoal non entendo. No repertorio atopamos dende cumbias, merengues, e este ano ata salsa, con temas de actualidade versionados, e con un impresionante popurrí de temas do pasado versionados para bailar, como poden ser "Noelia" de Nino Bravo, ou "Vivir así es morir de amor", de Camilo Sesto. Teremos que leer de novo iso de "A Panorama só vale para mirar"? Pois seguramente o leeremos.. e eu preguntome: Se cando votan as cancións de baile, a xente está mirando en vez de bailar, de quen é a culpa?

 

 

Todos sabemos que Panorama ofrece espectáculo, e nesta xira, hai espectáculo. Lydia Salar precedida dun momento "Misión Imposible" interpreta un popurrí de Mónica Naranjo, o cal remata con Ísaías "voando" polo escenario. Dunia Santana métese na piel de Jennifer López, e vaia xeito de facelo.. con tres homes ó seu redor, os cales baixan en telas aéreas. Jorge interpreta un tema de Il Divo, de xeito espectácular. Jurado e Isaías, fan unha performance con unha corda, que hai que vela. Lambada, Capoeira, saltos, cordas elásticas, telas aéreas, aros, trapecio. Un circo? Cada un poderá chamarlle como queira, pero eu pagaría por ver o que vin onte en Escarabote.

 

 

En canto ó escenario, aínda que sen rematar, unha vez máis volve ser impresionante. Tarimas que se elevan polos pilares de apoio, tarimas que se moven polo escenario e saen ata encima do público.. e por suposto, unha iluminación espectacular.

O humor non faltou, e foi posto no momento PitBull feat. Marc Anthony, ou para entendernos mellor, Lito feat Jorge. Quizáis PitBull poida tomar nota, e empezar a "perrear" en galego. Ya tu sabes, dale!

 

 

 

Debemos estar orgullos de poder ter en Galicia un espectáculo destas características, e poder telo nas nosas aldeas, por moi pequena que sexa. Orgullosos de contar con espectáculos destas características, e escenarios que nin os artistas máis importantes do país teñen. Pero non so de Panorama, debemos estar orgullosos de contar con centos de formacións, de todos os estilos e cores, de todos os tamaños, para todas as idades ou enfocadas a algunhas concretas. Debemos estar orgullosos, e para ensalzar a nosa formación favorita, non debemos afundir a outras. Todas fan o seu traballo, todas merecen respeto, gusten ou non. Onte tiven que escoitar a frase "Catro parvos colgados do escenario", con iso calquera persoa perde a credibilidade. Eses catro parvos son profesionais, que arriscan a súa vida por alegrar a dos demáis, e ofrecernos algo diferente. Se un quere ser respetado, ten que respetar. 

Comeza a tempada de festas, e unha vez máis, Galicia será lugar de referencia. Potenciemos iso, e que a festa siga.

 

Video Oficial Páxina Facebook Orquesta Panorama
Video Oficial Páxina Facebook Orquesta Panorama

 

Video Oficial Páxina Facebook Orquesta Panorama

Volve Panorama, chega o "Magic Tour: A xira do Sol"

Dende os últimos anos se hai unha formación que levanta tanto paixóns como odio alá por onde pasa, é a Orquesta Panorama. A tempada pasada finalizaba o 31 de Decembro, e era o punto final ó Planet Tour 2011. Con ela despedíase Bali Martín, a performance que durante unha tempada deleitou a todos co seu espectáculo de teas aéreas. E con iso foi co que nos quedamos, sen máis información ata fai escasos días.

Pero o silencio rompeu con máis forza que nunca, e Panorama chega unha vez máis facendo moito ruído. Esta noite en Escarabote (Boiro), estréase a nova xira da formación de Espectáculos Lito. Levará por nome Magic Tour: a xira do Sol, e polo moemento pouco máis coñecemos desta nova andaina.

 

 

Gracias a un video realizado para o evento Verbenalia, coñecíamos a Isaías, novo compoñente da orquesta, e que se presenta como trapecista.

 

 

 

Por outra banda puidemos ver xa en Galicia en festas algunhas imaxes do que será o novo escenario da mediática formación. Sen dúbida promete ser espectacular! Esta noite subiremos en directo dende Escarabote imaxes da presentación, e do escenario por suposto.

 

 

Panorama ademáis está traballando na nova páxina web, 

que se abrirá en apenas 15 días: orquestapanorama.com


A expectación ante a estréa da nova xira está sendo moi alta, e podemos dar conta de que esta noite Escarabote será un fervello de xentío. Moréas de mozos, e non tan mozos achegaránse á vila do Barbanza para coñecer a nova Panorama, e o que para outros será dar o pistoletazo de saída á tempada de festas. 

A Orquesta Panorama afianzase como a pioneira en ofrecer un espectáculo diferente, fóra da orquesta tradicional, e isto precisamente é o que lle esta proporcionando tanto éxito. Guste ou non é a formación máis mediática do momento, e nos nin pinchamos nin cortamos, pero queremos saír á defensa de algúns comentarios xurdidos últimamente nas nosas redes. Hoxe en día son xa moitas as formacións que cambian o decorado do escenario de ano en ano, e moitas as que xa contan con un escenario das dimensións de Panorama. Con esto so queremos decir que en Galicia en festas non creemos que unha orquesta se mida polos metros de escenario ou lucerío, pero é a época que estamos vivindo. E sinceramente, a quen non lle gusta ter na súa aldeíña un escenario que nin siquera teñen moitos artistas internacionais? So deixamos unha reflexión: Lady Gaga move millóns e millóns de seguidores, crea expetación alá por onde pasa, e non deixa a ninguén indeferente. Eso quere decir que é a mellor cantante do mundo? Seguramente non. Pero é a que "fai felices" a milleiros de seguidores.

 

 

 

Disfrutemos de todas as nosas formacións, que por sorte temos centos, de todos os colores! Apostemos polo noso, defendamos o noso, e non matemos unhas por revivir outras. Xuntos, sempre somos máis. Se podemos coa crise, está claro que #afestasigue.

Esta noite seguiremos en directo dende Escarabote a presentación, non te perdas as imaxes que deixaremos no noso Twitter oficial! https://twitter.com/#!/galiciaenfestas

Un Ciclón alíase co Sol

O Grupo Ciclón non deixa de sorpreder de cara o que será a nova tempada da formación. Tras as novas incorporacións das cales xa falamos en Galicia en festas, agora presentan a súa nova páxina oficial.

O sitio non ten desperdicio! Un diseño innovador e moderno, con variedade de contidos, e integración de redes sociais. Non esquezas formar parte da revolución, e do nacemento dun novo Sol.

http://www.grupociclon.net/web/

 

Ademáis fai uns días coñecíamos o novo afiche da formación, diseñado por MERO AFONSO COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

 

 

 

 

Nova imaxe e lema en Galicia en festas: "A crise non pode rematar coas nosas festas" #afestasigue

Seguimos traballando por e para ti. Dende hoxe estreamos o noso lema para esta tempada, na cal queremos animar a todos a manter as nosas festas. Sabemos que é dificil, que corren malos tempos, e que a crise aínda estará de visita para rato... pero tamén sabemos que podemos manter viva a nosa tradición, as nosas festas.

Por iso dende hoxe gritamos "A crise non pode rematar coas nosas festas!" Non o imos permitir. Poderán quitarnos todo, pero non aquelas cousas que aínda nos poidan dar un pouco de vida e ledicia. Animámosvos a gritalo alá onde vaiades, porque #afestasigue.

 

En canto á nova imaxe que presentamos, cabe destacar a unificación das nosas plataformas, as cales pretendemos que cada día sexan máis funcionais e sociais. Esperamos que este pequeno cambio sexa do agrado de todos!

 

 

A nosa aplicación ANDROID tamén fai un pequeno lavado de cara, que seguirá coñecéndose nos vindeiros días.

 

 

Renovación importante para Los Player's 2012

A Orquesta Los Player's, con 52 anos de historia, acaba de presentar as súas novidades de cara a tempada 2012, na cal a dianteira se renova por completo. "Coa mesma clase, elegancia e calidade de sempre, con nova imaxe e nova posta en escena", así se presenta a que será a nova xira da formación. E todo isto con novas voces, David Cazorla, Taryn Alamo (Da cal falamos fai uns días en "Galicia en festas". Leer máis), e Óscar Parente. Todos eles coñecidos por estar en formación como Gran Canaria, Philadelphia, etc.

 

 

Pero estas tres voces non serán as únicas para Los Player's 2012, xa que en breve anunciarán a que será a cuarta voz da formación. Permanece atento á súa páxina oficial de Facebook.

 

Síguenos dende a nosa aplicación Android

INSTALAR

De caricaturas vai a cousa

As formacións comezan a presentar as novas imaxes de cara a vindeira tempada. Novas caras, novos diseños, novos eslogans... etc, e é que todo sabemos que hoxe en día a presentación e imaxe de calquer empresa é a súa maior baza de cara o público. Acabado de saír do forno, e da man de MEROAFONSO Comunicación audiovisualpresentamos o novo afiche da Orquesta Suavecito, que se inspira no cartel dun filme e presentanos ós compoñentes como se dos actores se tratáse, baixo a dirección do director, e este en ambos sentidos, Carlos Mariano.

 

 

Por outra banda, e a pesar de mostrar fai unhas semanas en exclusiva a nova imaxe 2012 da Orquesta Versalles, hoxe mostrámosvos outro xeito de velo, cunha versión do seu afiche feito coas caricaturas das catro novas voces da formación: Cristian Verdugo, Marian Grifasi, David Bouzón e Lidia Sueiro.

 

 

E de caricaturas seguimos falando, xa que o renovado grupo América de Vigo tamén presenta na súa páxina oficial de Facebook unha caricatura dos compoñentes, de esquerda a dereira: Sebastian Mato, David Faílde, Eder González, Diego Grande, Sito Muíños e Ángel Rodríguez.

 

 

 

Síguenos dende a nosa aplicación ANDROID: Descargar

A Cortevella: Querer é poder

A comisión de festas de A Cortevella (Baleira-Lugo), está xa traballando na vindeira edición das súas festas patronais. Lembramos que A Cortevella é unha aldea de 3 vivendas, e tan só 7 habitantes. O pasado ano celebraban as súas primeiras festas patronais, as cales foron todo un éxito para os 7, e sobretodo para todos os que se achegaron á zona, a cal é moi coñecida por albergar unha área recreativa.

Din que segundas partes nunca foron boas, pero na Cortevella van a por todas para celebrar a segunda edición da súa festa, e para iso preséntannos unha chea de iniciativas para recaudación e promoción da súa festa. A continuación ofrecémoslles o comunicado que a comisión de festas nos achegou:

 

"A comisión de festas de A Cortevella (Baleira-Lugo) vamos editar unha Revista Publicitaria de contido variado co obxetivo de recaudar fondos para poder levar a cabo as nosas festas patronais que se celebrarán o 18 de Agosto do 2012, a cambio, ofrecemos espacios publicitarios nesta revista de edición única e que terá unha tirada inicial de 1000 unidades e con unha difusión repartida da seguinte forma:

 

25% a repartir entre as empresas colaboradoras que contraten espacios publicitarios. A entrega será realizada por persoal da comisión.

 

25% repartiráse na Feira quincenal de Castroverde (Lugo) o 12 de Agosto por actores contratados*

 

25% repartiráse o día grande das festas patronais de Cádavo (Lugo) por actores contratados*

 

25% repartiráse o día grande das festas patronais de Meira (Lugo) por actores contratados*

 

Os espacios publicitarios están dispoñibles dende 20€

 

Ademáis entre os anunciantes, sortearemos un fin de semana na Costa da Morte (A Coruña).

 

* O persoal contratado para o reparto exterior da revista será unha parella de actores que de xeito cómico chamará a atención da xente. Probablemente se inclúan regalos a repartir de forma esporádica, pasa os cales tamen temos espacios publicitarios (mecheros, camisetas, bolis, pañoletas..)"

 

Se estas interesado, so tes que contactar coa Comisión de festas no seguinte enderezo: festascortevella@hotmail.es

 

**Galicia en festas colaborará de xeito activo coa Comisión de festas de A Cortevella (Baleira-Lugo)

 

Cartel a Cortevella 2011

Taryn Alamo (Los Players) canta a Rocío

Son moitas as voces da verbena galega que contan con un traballo propio no mercado musical, pero poucas as veces que coñecemos algo sobre ditas publicacións. Hoxe presentámos a Taryn Alamo, a cal chegou a Galicia no 2011 da man da orquesta Gran Canaria, e agora forma parte da renovada dianteira da Orquesta Los Player's.

Taryn comezou a súa carreira no ano 2001, formando parte do Coro da Filarmónica das Palmas de Gran Canaria, onde estivo ata o 2004. Gracias a isto puido participar no concerto anual da Fundación Padre Arrupe (Retransmitido por TVE), e compartindo escenario con artistas da talla de Isabel Pantoja ou Raphael.

 

Dende o ano 2004, e por dúas temporadas, Taryn sigueu crecendo profesionalmente co Grupo Lady's del Swing. Máis tarde, formou parte do Grupo Primera Línea (O cal chegará este verán a Galicia), e da Orquesta Banda Joven. No 2010 formaría parte do elenco do musical "Las famosas triquiñuelas de la tía Valerius". E por fin, no 2011 chegaba á nosa terra da man da orquesta Gran Canaria. Foi entón cando puidemos ver á artista que durante anos se formou nos escenarios das Illas Canarias, aportando a súa beleza inconfundible, e sobretodo a súa gran voz.

Pero Taryn vai máis alá, e a súa carreira non so se queda nos escenarios. No ano 2007 a canaria publicaba o seu primeiro CD en solitario "Canto a Rocío". Un recopilatorio cos grandes éxitos da incoparable Rocío Jurado, pero con unha gran diferencia: O toque persoal de Taryn. Nel podemos atopar grandes temas como "Se nos rompió el amor", "Lo siento mi amor", "Como yo te amo" .. etc, pero desta volta estas cancións convidaránte a bailar coa súa versión en cumbia, merengue ou bachata. Unha forma diferente de recordar a Rocío, recordála con ledicia, e nunha gran voz. Ela é Taryn Alamo.

 

ESCOITA OS SEUS TEMAS

CONTACTA CON TARYN

Actuación no programa "Noche Sensacional" 22/05/10

 

VERSIÓN CASTELLANO
(Creemos conveniente poñer unha versión en castelán, dada a procedencia da protagonista)



Son muchas las voces de la verbena gallega que cuentan con un trabajo propio en el mercado musical, pero pocas las veces que conocemos algo sobre dichas publicaciones. Hoy presentamos a Taryn Alamo, la cúal llegó a Galicia en el 2011 de la mano de la orquesta Gran Canaria.

Taryn comenzó su carrera en el año 2001, formando parte del coro de la Filarmónica de las Palmas de Gran Canaria, en donde estuvo hasta el 2004. Gracias a esto pudo participar en el concierto anual de la Fundación Padre Arrupe (Retransmitida por TVE), y compartiendo escenario con artistas de la talla de Isabel Pantoja o Raphael.

 

Desde el año 2001, y por dos temporadas, Taryn siguió creciendo profesionalmente con el Grupo Lady's del Swing. Más tarde, formó parte del Grupo Primera Línea (El cúal llegará este verano a Galicia), y de la Orquesta Banda Joven. En el 2010 formaría parte del elenco del musical "Las famosas triquiñuelas de la tía Valerius". Y por fin, en el 2011 llegaba a nuestra tierra de la mano de la orquesta Gran Canaria. Fue entonces cuando pudimos ver a la artista que se formó durante años en los escenarios de las Islas Canarias, aportando su belleza inconfundible, y sobretodo su gran voz.

Pero Taryn va más allá, y su carrera no se queda sólo en los escenarios. En el año 2007 la canaria publicaba su primer CD en solitario "Canto a Rocío". Un recopilatorio con los grandes éxitos de la incomparable Rocío Jurado, pero con una gran diferencia: El toque personal de Taryn. En el podemos encontrar grandes temas como "Se nos rompió el amor", "Lo siento mi amor", "Como yo te amo"..etc, pero en esta ocasión las canciones te invitarán a bailar con sus versiones en cumbia, merengue o bachata. Una forma diferente de recordar a Rocío, recordárla con alegría y una gran voz. Ella es Taryn Alamo.

 

Colabora con Galicia en festas

Fai un ano empezamos con máis forza que nunca co proxecto de Galicia en festas. Dende entón non paramos de medrar.

 
Estamos dando todo o que podemos para mellorar Galicia en festas día a día. A mínima publicidade que aparece en Galicia en festas é de xeito gratuíto, polo que non sacamos ningún beneficio. Sen embargo, chegamos a un punto no que para darche mellor servicio e seguir innovando e crecendo necesitamos algo de diñeiro. Por eso se nos ocurreu abrir unha caixa de donacións. Antes de seguir queremos aclarar un par de cousas:
 
Qué faremos coas donacións recibidas?
 
1. Utilizaremos o diñeiro que recibamos para mellorar o servicio (mellorar a programación web, acceder a servicios legales como o rexistro de nome, rexistro de patentes e copyright, mellorar a nosa aplicación Android e poder desembarcar en iPhone, renovar os nosos dominios e servidores, etc)
 
2. Nin un so euro que recibamos irá ós nosos bolsillos. Tranquilos, non faremos unha churrascada cos teus cartos! ;)
 
3. Iremos informando de todo o diñeiro que se está recaudando e en qué o invertiremos, de forma totalmente transparente, porqué isto o facemos entre todos.
 
O pago conta co aval do servicio de PayPal, líder mundial de pagos por internet.
De antemán GRACIAS polas donacións!

 
Clica para donar

San Amaro en Bexo (Dodro)

Foi no mes de Setembro cando no concello de Dodro despedían as festas por todo o alto. Moitos lembramos aínda as festas de Laíño, onde orquestas como Panorama, Paris de Noia, ou Olympus congregaron a un número de xente que nunca se vira en dito campo. Mentres todo apunta a que aldeas como Laíño ou a mesma da que hoxe falamos, Bexo, non terán as súas festas de verán no 2012.


Mentres esperamos a que isto se confirme, a Dodro volve a festa. Será este Sábado na aldea de Bexo, conmemorando o día de San Amaro, patrón da aldea, onde a partir das 21:30h actuarán os grupos LIMÓN e OCÉANO, todo con unha carpa que protexerá da posible choiva e frío que se espera para mañá.
 
 
Xa o Domingo será o moemnto das citas relixiosas. Tras a procesión, levaráse a cabo unha sesión vermout co grupo de gaitas local: OS MERECENARIOS. Dende Galicia en festas convidámosvos a achegarvos á aldea na cal naceu "Galicia en festas", e a cal vos amosámos na seguinte imaxe.
 

Finalmente o destino de Bruno MTC non era Superfama

CORRECCIÓN

Se fai unhas semanas anunciábamos que Bruno MTC (Ex-D'Moda) formaría parte de Superfama 2012, agora temos que dar a nova de que finalmente non será así. Polo momento non conocemos máis detalles, pero desexámoslle toda a sorte a Bruno para atopar unha nova formación. De seguro non sobrarán ofertas!

 

NOVA ANTERIOR

Coñecido como Bruno MTC, puidémolo ver esta pasada tempada no escenario do Grupo D'MODA, onde compartíu escenario con Maythe Leiva, e Rubén Quintela. Tras unha tempada cargada de éxitos, onde o grupo de Valga e axenciado por Alfa 3 dou un paso máis no seu repertorio, ofrecendo ata un musical e unha performance de telas aéreas, nas cales Bruno participaba, o xoven vocalista abandona a formación para emprender novos proxectos, proxecto con nome: Superfama

 

 

 

Nesta nova tempada que estamos comezando, poderemos ver a Bruno no escenario da Orquesta Superfama, que con esta fichaxe estamos seguros que dara unha nova imaxe máis actual, e de seguro sorprenderá a máis de un. Dende aquí toda a nosa sorte para a nova etapa de Bruno MRC.

 

 

Nova fichaxe para a Orquesta Canadá 2012: Samuel Guedes

A Orquesta Canadá (Como case todas as formacións) está preparando a súa nova xira para a tempada 2012, que virá marcada por cambios na súa plantilla. Hoxe damos conta dunha destas novas fichaxes, e desta volta, unha nova cara que se suma á verbena Galega.

Samuel Guedes é natural de Gran Canaria, e pasará a formar parte da dianteira da formación de Alfa 3 nos vindeiros días. Concretamente Samuel chega dende a poboación de Castillo del Romeral, a cal a algúns lle soará, xa que casualmente é de onde chegaron outras voces do panorama musical galego, como Lidia Linares (Nova voz de D'Moda, antigamente en Alkar) e David Bouzón, recentemente encabezando a gran renovación da prometedora Versalles 2012. Samuel está a piques de cumprir 23 anos, polo que lle espera unha carreira longa e cargada seguro de grandes éxitos.
 

 

No seguinte video podemos ver a Samuel como invitado nunha actuación de "El combo dominicano". Dende Galicia en festas desexámoslle todo o éxito na súa nova andaina, e dámoslle a benvida á nosa querida Galicia.

 

 

"Ai se eu te pego" chega a Galicia

Fai escasos meses irrumpía con forza un tema brasileiro en todo o mundo. Tras ser bailado por recoñecidos futbolistas, dito tema pasaba a escoitarse alá onde un fora, tanto que resultou ser o video máis visto en Youtube do ano 2011. Así mesmo, e no que nos afecta a nos, as orquestas comezaban a introducilo no seu repertorio, e xa quedan poucas actuacións, sexan en salas de festas ou ó aire libre, nas que non se baile e coree o afamado "Ai se eu te pego".

Tras os rumores que saían nas redes sociais fai uns días, agora xa está confirmada a visita de Michel Teló ó noso país. A cita será o vindeiro día 1 de Marzo, no Coliseo da cidade da Coruña.

 

 

Será unha das 4 actuacións que o artista dará en España. Ademáis do concerto na cidade herculina, Teló actuará en Barcelona, Valencia e Madrid. O brasileño actuará rodeado de 30 persoas, e terá como teloneiros a Adrián Rodríguez, a Héctor Polo (Pignoise) e ó DJ Luis López.

As entradas para o evento están xa á venda dende o pasado 4 de Xaneiro, con un precio de 25€ en venda anticipada, e 30€ en taquilla.

 

 

Olympus 2012: Musical de Mecano?

A orquesta Olympus comeza a dar pequenos detalles do que será a súa nova xira de cara a vindeira tempada forte. A xira presentábase no pasado mes de Decembro na súa páxina web oficial, co nome de "El futuro comienza hoy". A día de hoxe sabemos xa que o novo espectáculo comezará se todo sae sobre o previsto, no mes de Abril.

 
 
Pero ademáis coñecemos que a orquesta de negreira contará nesta nova xira con dous espectáculos diferentes, un co nome de "Olympus 2012" e outro como "El futuro comienza hoy". Así mesmo informan de que será presentado un novo e espectacular escenario, como xa nos teñen acostumados moitas formacións. Pero é isto todo? Pois parece que non. Nas últimas actuacións de Olympus, a formación despídese co tema "Un año más" de Mecano, que é unha pequena parte da seu novo espectáculo, e aníman ó público a que imaxinen que se atopan nun musical. Teremos musical de Mecano na vindeira xira de Olympus? Teremos que esperar.

Recordamos que á Olympus este ano chegaba como fichaxe máis importante Maythe Leiva, procedente do grupo D'Moda, e anteriormente da Orquesta Panorama, e que parece que está impregnando á formación de enerxía. En abril, a nova Olympus.

 

Bali Martín deixa de voar con Panorama

Bali Martín abandona a Orquesta Panorama. A artista Valenciana chegaba á formación para a tempada 2011 como a fichaxe estrela da xira "Planet tour".
Recoñecida como unha gran profesional en varios aspectos, e avalada polo seu traballo en importantes circos e empresas de espectáculos, en Panorama destacou coas súas actuacións en telas aéreas, deixándonos os pelos como escarpias. Pero non só iso, a valenciana atreveuse co baile, coa música, e incluso a vimos xogando con lume.
 

 

Agora Bali comeza unha nova etapa na súa vida, lonxe de Panorama, pero con un cachiño do seu corazón para a formación, e para Galicia. Dende Galicia en festas queremos desexarlle toda a sorte do mundo nos seus novos proxectos, e agradecerlle a frescura que nos trouxo na pasada tempada.

Galicia en festas líderes en SocialMedia

Galicia en festas convertese en líder no sector en Social Media (Marketing dunha empresa ou organismo na rede). Dende agora estamos en 10 das plataformas e redes sociais máis importantes do mundo.

 

FACEBOOK

Con 800 millóns de usuarios, e en constante evolución, Facebook é a rede social máis importante do mundo, e Galicia en festas aposta por ela. Á espera dun novo cambio por parte da rede, que fará das páxinas un lugar máis atractivo e funcional, seguimos mantendo o peso de Galicia en festas en Facebook, sendo esta a nosa páxina principal, con un total de case 4000 seguidores, en crecemento diario; e con un millón de visitas mensuais. (Datos de Setembro). Ademáis o noso punto forte: A información ó momento e a axenda de festas. Únete: https://www.facebook.com/galiciaenfestas

 

TWITTER

A rede de microbloging líder no mundo, tamén está presente na plataforma Galicia en festas. Apostamos pola información rápida, e con importante difusión. Por iso, todas as nosas publicacións en Facebook son publicadas automáticamente en Twitter. Dispoñemos dunha conta atractiva coa nosa línea editorial recente, para non perder en ningún momento o fío de Galicia en festas. A día de hoxe chegamos xa ós 800 seguidores!

 

TUENTI 

A rede social líder en España, con 7 millóns de usuarios, e con maior incidencia na xuventude tamen ten un espacio para Galicia en festas. Con preto de 1000 amigos, é o momento de aumentar a nosa presencia en Tuenti, e por iso dende hoxe mesmo o Tuenti será levado a diario por outra persoa do equipo de Galicia en festas.

 

GOOOGLE +

 Google presentaba fai uns meses a prometedora Google Plus, a súa red social. Parece que se quedou nunha promesa, pero nos xa estamos presentes na mesma.

 

YOUTUBE 

 Dispoñemos dun canal exclusivo na rede líder de video mundial. Galicia en festas está en YouTube disposta a ofrecer ós seus seguidores todo o que os mesmos non poidan ver. En breve comezaremos a crear contido audiovisual, que de seguro estrearemos coa nosa FlashMob.

 

 

 

 

GALICIAENFESTAS.INFO 

E por suposto contamos con páxina web! Acabamos de estrear un novo dominio, un novo diseño, máis cercano e intuitivo, pero sobretodo, máis social. Visítanos! 

 

ANDROID

 A nosa aposta máis forte de cara a nova tempada! Queremos que todos poidan ter Galicia en festas na súa man. Se fai un mes sacábamos a nosa aplicación, coa versión 2.0, será o día 11.11.11, cando Galicia en festas Versión 2.5 pise con máis forza en ANDROID, poñendo na túa man a nosa Axenda, Carteis, Novas, Twitter e Facebook. Non dubides en descargala!

 

IPHONE 

E non podiamos deixar a un lado iPhone, para o cal dende esta semana existe unha WebApp que reproduce para iPhone a nosa aplicación Android. Entérate de como conseguila nas nosas páxinas principais (Facebook e galiciaenfestas.info)

 

HOTMAIL 

E por suposto seguimos presentes en Hotmail, sendo a dirección galiciaenfestas@hotmail.com a máis utilizada para porse en contacto con nos, e achegarnos todo aquelo que desexedes!

 

FLICKR

E pra finaliar, estreamos conta en Flickr, onde estarán todos os carteis que chegen ó noso archivo, os cales se reproducirán gracias a Flickr nos dispostitivos Android e iPhone. 

 

Seguimos apostando forte, seguímolo facendo sen ningún tipo de remuneración, e seguiremos facendoo. Movémonos por ti, móvete con nos!

 

 

 

 

 

Versalles xa comezou a bailar

 

A renovada Orquesta Versalles estréouse na noite de fin de ano con gran éxito en Arteixo. Era a primeira actuación desta nova tempada que afrontan, a a sintonía e compaxinación fixeronse sentir xa no pequeno escenario instalado para a ocasión. Podes ver máis no seguinte enlace: http://elnoticierodearteixo.com/not/10963/fiesta_fin_de_ano/

 

Jerusalén busca ideas

A Orquesta Jerusalén, no seu afán de achegarse ós seus seguidores na nova xira que encaran, dan a posibilidade a todos os seguidores de aportar ideas ou diseños para a creación do CARTEL OFICIAL da orquesta para a xira 2012, que será a xira do seu 10º Aniversario. Para facelo so é necesario envíar a idea ou boceto por mensaxe privada ó seu perfil oficial de Facebook (https://www.facebook.com/jerusalenorquesta). A idea seleccionada terá unha pequena gratificación, e o cartel final levará a firma do autor.

 

 

 

Estadísticas

  • Total posts(33)
  • Total comments(18)

Forgot your password?